=> Error en consulta : Duplicate entry '3900831' for key 1


INSERT INTO sph_indexaciones (idaplicacion,idtipopantalla,idconcepto,navegador, ip,parametros,sph_idioma,sph_proyecto,sph_usuario,sph_grupo,fecha) VALUES ('1361','4','0','browser_name=, version_number=1.0, ie_version=, dom_browser=, safe_browser=, os=, os_number=, s_browser=ccbot, type=bot, math_version_number=1.0', '38.107.191.88','sph=a_iap=1361%%p_rpp=1%%s_idm=2','0','0','0','0','2010-09-05 02:58:07');
Porto de Vigo (Política de xestión ambiental)

 


 

O Porto de Vigo é sen dúbida unha das unidades económicas e de prestación de servizos máis importantes da Comunidade Autónoma. Non obstante, as actividades portuarias que nel se realizan non son alleas á súa interacción co medio, polo que deben tomarse todas as medidas posibles para minimizar o seu posible impacto.

 

A Autoridade Portuaria de Vigo, como xestora do Porto, marca como un obxectivo prioritario dentro do seu marco estratéxico empresarial, o desenvolvemento dunha xestión portuaria sostible, vinculando o desenvolvemento socioeconómico do Porto coa protección do medio, asumindo toda a dimensión de defensa ambiental da Ría de Vigo baseada en:

 

Tráficos limpos                                                

Estudios de impacto en todas as obras.                         

Rigoroso control das concesións.                                                          

Formación e sensibilización da comunidade portuaria.                                                

Rexeneración de espazos degradados.                                                                                                          

 


Para iso, desenvolveuse un sistema de xestión ambiental que, ademais de integrar a compoñente ambiental en todas as actividades da Autoridade Portuaria, contempla a necesidade dun comportamento de estrito respecto ao medio por todas as actividades que se desenvolven no Porto.  Para alcanzar este obxectivo, a Autoridade Portuaria de Vigo, no ámbito da súa competencia, asume os seguintes compromisos:


   1.  

Integrar as consideracións ambientais nos procesos de ordenación, planificación e xestión do dominio público portuario, harmonizando os recursos e as necesidades.


   2.  

Operar no marco do cumprimento legal aplicable, así como dos compromisos de carácter ambiental acordados voluntariamente con terceiros.


   3.  

Aplicar medidas para que as operacións e actividades que se desenvolvan no espazo portuario se leven a cabo cos medios adecuados para evitar, previr ou minimizar a contaminación.


   4.  

Asignar recursos técnicos, humanos e financeiros para optimizar o sistema de xestión ambiental e impulsar a mellora do comportamento ambiental da comunidade portuaria, considerando o uso das mellores técnicas dispoñibles que compatibilicen a actividade, o ámbito cidadán e ambiental.


   5. 

recoller e dar resposta a comunicacións relacionadas coa xestión ambiental do Porto.


   6.  

Mellorar, dende o punto de vista Medioambiental, o ámbito adscrito á autoridade portuaria de vigo, asi como rehabilitar a liña de litoral deteriorada por concesións extintas (Artigo 125 lei 48/2003 de réxime económico e prestación de servizos dos portos de interese xeral).


   7.  

Implicar o seu persoal e o que traballe para ela, así como ao persoal das empresas que prestan servizos portuarios e das concesións e usuarios do Porto, no respecto ao medio, ofrecéndolles a información e formación oportuna.


   8.  

Cooperar coas empresas do Porto e outras Administracións Públicas na prevención e loita contra a contaminación do ámbito portuario.


   9.  

Impulsar a realización de estudos e investigacións relacionadas coa protección do medio, así como colaborar para iso con outras entidades, organizacións ou empresas, de acordo coas súas competencias.

 

Vigo, setembro, 2006

 

O DIRECTOR                                                                                                             O PRESIDENTE

   

 

                                                                                                      >sistema de xestión ambiental (descargar tríptico en castelán)

 

 

© Autoridade Portuaria de Vigo :: Praza da Estrela, 1, 36201, Vigo :: Tfno. +34 986 268 000 :: Fax +34 986 268 001 :: apvigo@apvigo.es